A Consellería de Sanidade relaxa as restricións nos concellos de Verín, Amoeiro, Coles, Trazo, Boqueixón, Val do Dubra, Monforte e Campo Lameiro, que pasan a ter restricións de nivel 2. Entre outras medidas, elimínase o confinamento perimetral e a prohibición de reunión de persoas non convivintes; ademais, a hostalaría pode reabrir con limitación de capacidade. En cambio, as restricións endurécense en Moaña, que pasa ao grupo de localidades con medidas especiais (nivel 3). Os cambios entrarán en vigor na medianoite do mércores ao xoves.
