O plan de restricións da COVID-19 para o Nadal no que traballan o Goberno de España e as comunidades autónomas prevé manter o límite de reunións de ata seis persoas non conviventes e desprazar á unha da madrugada o toque de queda en Noiteboa e Noitevella. O documento será abordado mañá no Consello Interterritorial de Saúde.
