Portugal prevé trens directos Valença-Lisboa a comezos de 2021, cando remate as obras de electrificación da liña entre o Miño e Viana do Castelo, a onde xa chega o servizo Intercidades desde a capital.
Fálase
O colexio de Castrelo do Val chámase desde este martes CEIP Plurilingüe Raúl Fernández en lembranza do falecido deputado e alcalde do PSdeG, mestre de profesión. O DOG publica o cambio de denominación do anterior CEIP Plurilingüe Castrelo do Val. [Imaxe: PSdeG]
Forte desprendemento de rochas nun arco dun dos cantís da praia de Augas Santas (As Catedrais) de Ribadeo sen causar danos persoais. O alcalde da vila, Fernando Suárez, subliña que fenómenos coma este son "inherentes á costa cantábrica, derivados da propia acción da natureza". “Ás administracións soamente nos queda tomar medidas preventivas ao respecto á veciñanza e aos visitantes da nosa costa, tomar conciencia das mesmas", subliña. Diversos estudos advirten dende hai anos destes riscos de desprendementos na zona e un deles provocou a morte dunha muller en 2018. (Imaxe: Concello de Ribadeo)
O TSXG rexeita o recurso de Alcoa contra o auto que lle prohíbe parar as cubas da factoría de San Cibrao. O tribunal considera “imprescindible” que as cubas permanezan en funcionamento para garantir a readmisión dos traballadores se os seus despedimentos fosen nulos
A negativa dunha futbolista galega a homenaxear a Maradona ecoa xa nos medios arxentinos e de todo o mundo, que destacan o rexeitamento de Paula Dapena ao minuto de silencio nun partido do Viaxes Interrías fronte ao Deportivo, unha acción reivindicativa da que deu conta Pontevedra Viva nunha reportaxe. Foto: © Tania Esperón
A Xunta só deixa fóra Baleares e Canarias da obriga de rexistro de viaxeiros que cheguen a Galicia. O DOG renova este luns a anterior listaxe de territorios, publicada o 11 de novembro e que debía ser actualizada aos 15 días naturais, na que está incluída a maioría de Europa, incluído Portugal.
Verín volverá mobilizarse este luns, un ano despois da gran marcha contra o peche do paridoiro, para pedir a retirada do expediente ao xinecólogo do hospital comarcal.
Marilar Aleixandre gaña o Premio Blanco Amor de novela longa coa obra As malas mulleres. O certame organizado pola Deputación de Ourense, na súa 39ª edición, elixe por unanimidade a obra da académica numeraria da RAG de entre 32 orixinais presentados.
A Deputación de Ourense pide á Xunta o arquivo "inmediato" do expediente aberto ao xefe de Xinecoloxía de Verín, un dos rostros visibles na loita contra o peche do paridoiro. O pleno amosa por unanimidade o seu "apoio" ao doutor, que considera a acción disciplinaria aberta "unha vinganza".
A Xunta levanta os peches perimetrais pola COVID en Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao das Viñas e impón as máximas restricións, incluíndo confinamento perimetral, peche da hostalería e veto ás reunións de non conviventes en Cee, Dumbría e Muxía e maias en Ribadumia, Meis e Meaño. Máis información, este mediodía en Praza.gal