Un home asasina á súa parella en Gondomar. Segundo recollen a CRTVG e Faro de Vigo, o agresor tentouse suicidar tras o crime e na zona está a intervir a Garda Civil. (Imaxe: CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo)
Fálase
Os Franco, dispostos a que os bens queden no Pazo de Meirás por un "prezo razoable". A familia do ditador advírteo na vista sobre as medidas cautelares de inventariado dos bens e a prohibición de trasladalos ata que o decida a xuíza.
A Xunta restrinxe a mobilidade con Portugal do 4 ao 9 de decembro por mor da incidencia da COVID-19 no país veciño. Así o vén de avanzar o presidente da Xunta, no marco da explicación das medidas de "desescalada", incluíndo a hostalería. As mudanzas entran en vigor ás cero horas do venres, día 4.
O Reino Unido aproba o uso da vacina de Pfizer contra a COVID-19 e prevé comezar a administrala a vindeira semana. A Axencia Europea do Medicamento vaina avaliar o día 29 e o 12 de xaneiro estudará a autorización da de Moderna. (Na imaxe, vacinación da gripe na Coruña)
O paro rexistrado aumentou en 6.165 persoas en Galicia durante o mes de novembro e chega ás 187.472, o que supón 21.813 máis que un ano antes. En termos porcentuais, a suba galega quintuplica a media estatal. No mesmo mes, a afiliación á Seguridade Social diminuíu en 2.134 persoas e queda en 1.009.884 afiliacións, 13.706 menos que un ano antes. Máis información, hoxe en Praza.gal.
As restricións ante a COVID reláxanse en Santiago de Compostela, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares. Nestes oito concellos estarán permitidas dende este xoves as reunións de persoas non conviventes e desaparecen os peches perimetrais. En cambio, a Xunta endurece as medidas na Guarda e As Pontes, ante o empeoramento da súa situación epidemiolóxica. Estas dúas localidades pasan a estar no nivel 3 de restricións, con peches perimetrais e prohibición de reunións sociais. Este mércores a Xunta detalla as mudanzas para o eido da hostalería.
A patronal galega celebrará o 15 de xaneiro as súas cuartas eleccións en ano e medio logo da dimisión do presidente Díaz Barreiros aos dous días de ser proclamado a semana pasada. A CEG continúa no seu caos interno e entre duras acusacións entre varios dos asociados.
O PP simula que as súas contas en redes sociais foron "censuradas" e difunde nelas imaxes da bandeira venezolana e do presidente dese país, Nicolás Maduro, atribuíndoas ao que denomina "Ministerio de la Verdad". O pasado novembro, Alberto Núñez Feijóo acusara o Goberno de España de pretender "amordazar á prensa" e o colectivo Defende a Galega, formado por persoal da CRTVG, retrucara que o presidente da Xunta "de amordazar os medios sabe moito".
Portugal prevé trens directos Valença-Lisboa a comezos de 2021, cando remate as obras de electrificación da liña entre o Miño e Viana do Castelo, a onde xa chega o servizo Intercidades desde a capital.
O colexio de Castrelo do Val chámase desde este martes CEIP Plurilingüe Raúl Fernández en lembranza do falecido deputado e alcalde do PSdeG, mestre de profesión. O DOG publica o cambio de denominación do anterior CEIP Plurilingüe Castrelo do Val. [Imaxe: PSdeG]