O pleno do Congreso aproba os Orzamentos Xerais do Estado para 2021. As primeiras contas do Executivo do PSOE e UP avanzan con 188 e 187 votos a prol -a cifra variou nalgunhas votacións-, unha maioría máis ampla que a lograda o pasado xaneiro na investidura de Pedro Sánchez (167), e 153 en contra. O proxecto orzamentario continúa agora trámite no Senado. Entre os grupos con representación polas circuscricións galegas, PSOE (10) e Galicia en Común (2) votaron a prol; o PP (10) e o BNG (1) fixérono en contra. (Imaxe © PSOE)
- AMPLIAMOS | PSOE e UP sacan adiante o seu primeiro Orzamento do Estado por ampla maioría para pór fin á 'era Montoro'
- O Orzamento do Estado prevé investir en Galicia un 10% máis que as contas de 2019 malia á liña descendente pola fin do AVE
- As contas do Estado para 2021 destinan 55 millóns a rebaixar as peaxes da AP-9