A Comisión Europea reafírmase en que a ampliación da concesión da AP-9 ata 2048 decidida polo Goberno de Aznar é ilegal. Faro de Vigo avanza e Praza.gal puido confirmar que o Executivo comunitario enviou ao Goberno de España o ditame motivado no marco do procedemento de infracción que ten aberto dende 2021, no que advirte da posibilidade de recorrer ao Tribunal de Xustiza da UE.
