Un incendio en Lalín supera xa as 50 hectáreas ardidas na parroquia de Maceira. Sete helicópteros e seis avións traballan, xunto a numerosos bombeiros, na extinción do fogo do que a Xunta informou a primeira hora da tarde. Foto: ATBRIF.

Un incendio en Lalín supera xa as 50 hectáreas ardidas na parroquia de Maceira. Sete helicópteros e seis avións traballan, xunto a numerosos bombeiros, na extinción do fogo do que a Xunta informou a primeira hora da tarde. Foto: ATBRIF.
BNG, ERC, Bildu e Podemos únense no Congreso para pedir o indulto das Seis de La Suiza, as sindicalistas asturianas que veñen de entrar en prisión para cumprir unha pena de tres anos e medio imposta pola súa participación en protestas de apoio a unha traballadora que denunciou acoso laboral e sexual en 2017.
Un ex-concelleiro do PSOE únese ao PP para apoiar unha moción de censura en Forcarei contra a alcaldesa socialista. A iniciativa sairá adiante o vindeiro 31 de xullo e daralle a alcaldía á popular Belén Cachafeiro.
Starbucks incorpórase ao galego 'co piloto automático'. A multinacional promociona o local que abrirá na contorna do Obelisco da Coruña cunha pancarta bilingüe na que é perceptible unha pouco afortunada tradución do lema Nos vemos pronto como "vémonos cedo", tomando como sinónimo do termo referido a "dentro de pouco tempo" a palabra que se refire ás primeiras horas do día ou a algo que sucede antes do habitual ou agardado. [Imaxe: CC BY-NC-SA Praza.gal]
O Goberno de Francia conxelará pensións, eliminará festivos e recortará o gasto social e sanitario para conter a débeda pública. Anuncia un axuste orzamentario de case 44.000 millóns de euros para 2026. Foto: CC BY Jacques Paquier
O Supremo arquiva a petición do xuíz Peinado de investigar o ministro Bolaños. O tribunal advirte da "absoluta ausencia de cualquera indicio minimamente fundado" sobre la particupación de Bolaños nos delitos que lle atribúe.
A Fiscalía abre dilixencias contra o galego José Ángel Antelo, líder de Vox en Murcia, por delitos de odio. Investigará se existen indicios de delito polas súas declaracións tras os altercados en Torre Pacheco.
A vindeira edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarase en Santiago en 2026. O concello compostelán acolleu este martes o traspaso simbólico da bandeira por parte do goberno municipal de Vila Nova de Famalicão, que organizou xunto a Braga en 2024 a anterior edición desta cita, na que participaron uns 2.000 mozos e mozas de Galicia e Portugal nas diversas modalidades deportivas. Non se celebran en Galicia dende 2017, cando os acolleu Lugo.
O patrón maior de Portonovo, sorprendido con 118 quilos de polbo ilegal. Gardacostas da Xunta interceptaron a Martín Domínguez no porto de Sanxenxo con case 120 quilos de cefalópodo capturado en augas da ría de Pontevedra ilegalmente. Cóntao Diario de Pontevedra.
Os alcaldes do Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, tamén recibirán a Medalla de Ouro de Galicia este ano. O Consello da Xunta aprobou este martes os dous galardóns que suma ao entregado á princesa Leonor e que entregará o vindeiro día 24, un ano máis fóra do Día Nacional de Galicia. A distinción chega despois de que, o pasado xuño, a Cámara Municipal do Porto entregase a Rueda a distinción honorífica das chaves da cidade -na imaxe-.