A vindeira edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarase en Santiago en 2026. O concello compostelán acolleu este martes o traspaso simbólico da bandeira por parte do goberno municipal de Vila Nova de Famalicão, que organizou xunto a Braga en 2024 a anterior edición desta cita, na que participaron uns 2.000 mozos e mozas de Galicia e Portugal nas diversas modalidades deportivas. Non se celebran en Galicia dende 2017, cando os acolleu Lugo.