Pedro Sánchez e Yolanda Díaz acordan impulsar a lei para un embargo de armas a Israel. Será a través dunha proposición de lei que permitirá incorporar a figura do embargo á lei española.

Pedro Sánchez e Yolanda Díaz acordan impulsar a lei para un embargo de armas a Israel. Será a través dunha proposición de lei que permitirá incorporar a figura do embargo á lei española.
A Xunta entrega a Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor. O presidente asegura na cerimonia que a presenza da herdeira do trono de España é para "a gran maioría de galegos e galegas un privilexio e un acontecemento excepcional" e sinala que, coa concesión do máximo galardón do Goberno galego, pretende trasladarlle a "adhesión e lealdade sincera de Galicia, por suposto á súa persoa e por suposto á Coroa de España". A Xunta decidiu celebrar a entrega nesta data por cadrar co remate da formación militar de Leonor de Borbón na escola naval de Marín, Concello que este luns a nomea "filla adoptiva". [Imaxe: David Cabezón / Xunta]
Atropelado o alcalde de Sanxenxo por un condutor baixo os efectos do alcol. Os feitos, indica o Concello, producíronse cando Telmo Martín (PP) acompañaba a Policía Local nunha rolda de supervisión de pubs e discotecas da localidade. Como consecuencia do atropelo sufriu unha fisura nunha perna.
Trump anuncia agora aranceis do 30% ás importacións dende a Unión Europea aos EUA dende o 1 de agosto. A UE asegura estar disposta a chegar a un acordo antes desa data pero, matiza a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, "daremos os pasos necesarios para salvagardar os intereses da UE, incluíndo a adopción de contramedidas proporcionais, se fose preciso". Na imaxe, o presidente estadounidense escenificando a imposición de aranceis, o pasado abril` © Casa Branca]
González Casares esíxelle ao comisario de Pesca unha solución para o palangre na súa visita a Galicia. O eurodeputado socialista reclamoulle esta mañá en Vigo ao comisario europeo de Pesca, Costas Kadis, que a Comisión Europea priorice unha solución urxente para a situación que atravesa o sector do palangre tras a decisión do Executivo comunitario de pechar 87 zonas de pesca nas que operaba esta frota e que puxo ao límite a viabilidade futura da mesma.
O CIS sitúa a PSOE e PP nun empate técnico ante unhas eventuais eleccións xerais tras unha caída de sete puntos dos socialistas en pleno caso Cerdán cunha pronunciada alza de Vox, que medra case seis. O barómetro, que non inclúe proxección de escanos, estima un 0,7% dos votos do total estatal para o BNG -nas eleccións de 2023 tivo un 0,63%-. Na imaxe, Pedro Sánchez esta semana no Congreso [CC BY-NC-ND Eugenia Morago / PSOE]
Nova mobilización de mulleres embarazadas en Ourense. A deputada do BNG Noa Presas mostra como o equipo de seguridade do hospital ourensán lles impide acceder a instalacións da xerencia tras non deixarlles ver o espazo que vai acoller a sala de partos de maneira provisional cando se produza o traslado do Materno Infantil polas obras. Tanto as usuarias como o persoal e a representación sindical veñen reclamando información á xerencia da área sanitaria de Ourense sobre as condicións do traslado e se vai respectar os dereitos fundamentais das nais e das nenas e nenos que nazan.
A Xunta concede a Medalla Pardo Bazán por "accións relevantes en prol da igualdade" á que fora conselleira de Familia con Fraga e despois candidata do PP á alcaldía de Lugo e deputada, Manuela López Besteiro, á que xa condecorou en 2012 coa Medalla Castelao. Esta edición tamén recoñece a piragüista Teresa Portela e á unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta pola súa ligazón ao sistema Viogén de seguimento de vítimas de violencia machista. Na imaxe, López Besteiro nunha conferencia de prensa como conselleira en 2001 [CC BY-SA Xunta]
A Xunta fai oficial a concesión da Medalla de Galicia á princesa Leonor coa publicación no DOG do correspondente decreto. O Goberno galego celebrará a entrega nun acto específico o vindeiro luns en Santiago pola visita da herdeira ao trono a Galicia. Realízao á marxe da concesión das restantes medallas deste ano, cuxo destino aínda non é coñecido, que serán impostas o 24 de xullo, mantendo o acto un ano máis fóra do Día Nacional. Na imaxe, Rueda coa princesa na Escola Naval de Marín o pasado 2024 [CC-BY-SA Xunta]
🔴AO VIVO | Pedro Sánchez comparece dende as 9 da mañá no Congreso sobre os casos de corrupción que atinxen ao PSOE e as medidas do Goberno de España ao respecto. [Imaxe: CC-BY-NC-ND Eugenia Morago / PSOE]