González Casares esíxelle ao comisario de Pesca unha solución para o palangre na súa visita a Galicia. O eurodeputado socialista reclamoulle esta mañá en Vigo ao comisario europeo de Pesca, Costas Kadis, que a Comisión Europea priorice unha solución urxente para a situación que atravesa o sector do palangre tras a decisión do Executivo comunitario de pechar 87 zonas de pesca nas que operaba esta frota e que puxo ao límite a viabilidade futura da mesma.
