Concha Pombo, nova directora xeral dos medios públicos galegos só cos votos do PP. Os populares estrean a disposición da nova lei que permite prescindir da maioría reforzada e, en terceira votación, cobren o posto directivo da agora denominada CSAG, a antiga CRTVG, só por maioría absoluta e coa oposición de BNG e PSdeG.
- AMPLIAMOS 👉 Segunda dirección dos medios públicos do PP dende 2009 tras trece anos a esquivar a lei
- A CRTVG pasa á historia: xa funciona como CSAG tras aprobalo a Xunta sen divulgalo
- A UE obriga a mudar dende agosto leis dos medios públicos como a que vén de impor o PP en Galicia
- A candidata do PP á CRTVG esgrime as súas "decisións capitais" nos informativos como aval para o posto
