Curtocircuíto pecha este domingo a súa vixésimo segunda edición. Seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais, que se caracterizaron pola ampla presenza de actividades nas prazas, rúas e outros espazos públicos de Compostela e pola masiva participación nas distintas sesións.
