A asociación LGBT ALAS A Coruña organiza unha vixilia no cuarto aniversario do asasinato de Samuel Luiz. "Malia que o proceso xudicial segue en curso, seguimos esixindo xustiza. Non só unha xustiza legal, senón tamén unha reparación social que poña no centro a dignidade de todas as persoas LGTBI+. A violencia non comeza nin remata nunha agresión, aliméntase de discursos, de silencios e de complicidades", manifestou previamente a presidenta da entidade, Ana G. Fernández. [📸 ALAS]
