Galicia atravesa unha fin de semana con temperaturas por enriba da media. Este sábado Ourense alcanzou os 41,5º, en Salvaterra de Miño o termómetro marcou 38.8º, en Monforte 38º, en Mondariz 37,6º, na cidade de Lugo superáronse os 36º e en Tui os 35º. Para este domingo MeteoGalicia ten activado o nivel de alerta laranxa por calor no sur das provincias de Lugo e Ourense, así como na comarca de Valdeorras e nas zonas do Miño de Pontevedra e Ourense. O resto do interior do país está en nivel amarelo, como permanecerá en gran medida no derradeiro luns de xuño.
