A Xunta entregou este sábado en San Domingos de Bonaval as Medallas Castelao 2025 a Luar na Lubre, Víctor F. Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez (en nome das e dos profesionais da atención primaria) e á Asociación Agaela. Uns galardóns que, en palabras do presidente Rueda, "recoñecen a persoas e institucións que, desde traxectorias vitais e profesionais moi diversas, contribuíron a engrandecer 'a fe na cultura, na historia e no ser dun pobo', o noso". [📸 David Cabezón/Xunta de Galicia]
