A Xunta destitúe o director do Instituto Galego de Estatística, que encabezou o organismo durante tres décadas. José Antonio Campo Andión dirixiu o IGE durante os gobernos de Fraga, de 1991 a 2005, e volveu facelo dende 2009 -tras a fin do goberno de coalición, durante o que foi asesor do PP- ata agora. A remuda do veterano cargo foi aprobada polo Consello da Xunta este luns, segundo figura no DOG deste martes, pero non foi incluída na referencia pública da reunión, presidida polo conselleiro Diego Calvo, que asina o cesamento. Chega en pleno proceso para trasladar as competencias do IGE dende a Consellería de Facenda á Presidencia da Xunta, cuestionado pola oposición e tamén na contorna da propia oficina estatística do Goberno galego. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]