O Parlamento acorda por unanimidade unha iniciativa do BNG para que a Xunta, da man do Concello de Ribeira, axilice a construción da residencia de maiores anunciada en 2021 e que Política Social vén de adiar 'sine die' amparándose nunha normativa estatal que aínda non existe. [📸 Proxecto arquitectónico gañador para a futura residencia de Ribeira, obra de Vázquez Muíño Arquitectos e Ola Arquitectura © Vázquez Muíño Arquitectos / Ola Arquitectura]
