A ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garante que Altri "non vai contar con axudas por parte do Estado". Así o manifestou nun acto en Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero.

A ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garante que Altri "non vai contar con axudas por parte do Estado". Así o manifestou nun acto en Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero.
Trump advirte a España de que pagará "o dobre" comercialmente pola súa negativa a subir o gasto militar. "Creo que España é terrible" di o presidente estadounidense ao ser preguntado pola posición de Sánchez.
Feijóo reúnese co líder de Vox para "comentar o contexto político" tras semanas nas que Abascal vén insistindo ao ex-presidente e actual líder do PP que presente unha moción de censura contra Pedro Sánchez. Segundo os populares, o encontro coa formación de extrema dereita foi "cordial" e "respectuoso" dende a "lóxica discrepancia entre partidos diferentes". Na imaxe, xuntanza entre Feijóo e Abascal en 2023, durante os contactos do anterior titular da Xunta para tentar lograr a súa investidura.
O Goberno de España permite que o BBVA merque o Banco Sabadell, pero impón condicións adicionais como que durante tres anos ambas entidades "manteñan personalidade xurídica e patrimonio separados". Os novos requisitos engádense aos incluídos na autorización de Competencia, que inclúen "non abandonar ningún municipio no que, como consecuencia da operación, estea presente algunha das partes cunha soa oficina competidora". BBVA e Sabadell suman 180 sucursais en Galicia e operan á vez en 43 concellos. Onde máis coinciden é nas cidades da Coruña e Vigo e nunha trintena de concellos máis teñen cadansúa oficina
A segunda votación ratifica de vez que Concha Pombo dirixirá os medios públicos dende xullo só cos votos do PP. O pleno do Parlamento volveu votar este martes o nomeamento da candidata dos populares á dirección xeral da CSAG -antiga CRTVG- e non obtivo a maioría cualificada de 45 votos que precisaba, polo "non" de BNG e PSdeG. Grazas á disposición introducida polo PP na nova lei, no seguinte pleno -previsiblemente, o 8 de xullo- será dabondo coa elección por maioría absoluta.
A Xunta destitúe o director do Instituto Galego de Estatística, que encabezou o organismo durante tres décadas. José Antonio Campo Andión dirixiu o IGE durante os gobernos de Fraga, de 1991 a 2005, e volveu facelo dende 2009 -tras a fin do goberno de coalición, durante o que foi asesor do PP- ata agora. A remuda do veterano cargo foi aprobada polo Consello da Xunta este luns, segundo figura no DOG deste martes, pero non foi incluída na referencia pública da reunión, presidida polo conselleiro Diego Calvo, que asina o cesamento. Chega en pleno proceso para trasladar as competencias do IGE dende a Consellería de Facenda á Presidencia da Xunta, cuestionado pola oposición e tamén na contorna da propia oficina estatística do Goberno galego. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
Renfe anuncia os prezos e condicións dos novos bonos desde o 1 de xullo. Pon fin á gratuidade pero suporán un aforro do 40% respecto ás tarifas anteriores. A tarifa mensual entre A Coruña e Vigo será duns 200 euros e duns 100 se é o 'Bono Joven'. Entre Santiago e A Coruña o importe será de 90 e 45 respectivamente. O 'Bono 10' suporá aínda un maior aforro e será válido durante un ano. Consulta aquí os prezos dalgúns dos traxectos.
O conselleiro Diego Calvo ve "comprensible" que "moitas persoas" poidan "facerse plantexamentos" como a acusación de Aznar a Pedro Sánchez de ter poder para "alterar" os resultados das eleccións xerais, secundada por Feijóo. Preguntado ao respecto tras o Consello da Xunta -que presidiu en ausencia de Rueda, de visita oficial no Porto-, o titular de Presidencia cre que as afirmacións do ex-presidente "mererecían ser estudadas" porque "quedou demostrado polas escoitas" que "parece ser que as eleccións primarias" do PSOE "foron alteradas". En calquera caso, matiza Calvo, non se trata de "que concorde ou non" co dito por Aznar. [Imaxe: CC BY-SA Mónica Arcay Carro]
A Cámara Municipal do Porto entrega a Rueda as chaves da cidade. O presidente da Xunta recolle de mans do alcalde portuense, Rui Moreira, este "recoñecemento colectivo" como "unha honra para todo o pobo galego, que hoxe nos sentimos acollidos nunha cidade á que nos unen tantas cousas" e reivindica a conexión por "tren rápido, moderno e eficiente" a "máis tardar, en 2030". [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Feijóo volve alimentar as teorías dunha fraude no voto por correo ao preguntarlle Federico Jiménez Losantos polas declaracións a El Mundo nas que Aznar acusa sen probas a Pedro Sánchez de ter poder para "alterar" o resultado dunhas eleccións xerais. Non é a primeira vez que o ex-presidente e actual líder do PP desliza acusacións deste tipo: xa o fixera na campaña das eleccións xerais de 2023 e, previamente, contra Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta. Na imaxe [© PP], Feijóo e Aznar o pasado abril en València.