Renfe anuncia os prezos e condicións dos novos bonos desde o 1 de xullo. Pon fin á gratuidade pero suporán un aforro do 40% respecto ás tarifas anteriores. A tarifa mensual entre A Coruña e Vigo será duns 200 euros e duns 100 se é o 'Bono Joven'. Entre Santiago e A Coruña o importe será de 90 e 45 respectivamente. O 'Bono 10' suporá aínda un maior aforro e será válido durante un ano. Consulta aquí os prezos dalgúns dos traxectos.
Fálase
O conselleiro Diego Calvo ve "comprensible" que "moitas persoas" poidan "facerse plantexamentos" como a acusación de Aznar a Pedro Sánchez de ter poder para "alterar" os resultados das eleccións xerais, secundada por Feijóo. Preguntado ao respecto tras o Consello da Xunta -que presidiu en ausencia de Rueda, de visita oficial no Porto-, o titular de Presidencia cre que as afirmacións do ex-presidente "mererecían ser estudadas" porque "quedou demostrado polas escoitas" que "parece ser que as eleccións primarias" do PSOE "foron alteradas". En calquera caso, matiza Calvo, non se trata de "que concorde ou non" co dito por Aznar. [Imaxe: CC BY-SA Mónica Arcay Carro]
- HEMEROTECA (XULLO 2023) | Feijóo alimenta as teorías da fraude no voto por correo na fin do prazo para solicitalo
- HEMEROTECA (NOVEMBRO 2019) | Unha década de 'campaña sucia': dos carteis sen siglas contra o bipartito á desmobilización vía Facebook
A Cámara Municipal do Porto entrega a Rueda as chaves da cidade. O presidente da Xunta recolle de mans do alcalde portuense, Rui Moreira, este "recoñecemento colectivo" como "unha honra para todo o pobo galego, que hoxe nos sentimos acollidos nunha cidade á que nos unen tantas cousas" e reivindica a conexión por "tren rápido, moderno e eficiente" a "máis tardar, en 2030". [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Feijóo volve alimentar as teorías dunha fraude no voto por correo ao preguntarlle Federico Jiménez Losantos polas declaracións a El Mundo nas que Aznar acusa sen probas a Pedro Sánchez de ter poder para "alterar" o resultado dunhas eleccións xerais. Non é a primeira vez que o ex-presidente e actual líder do PP desliza acusacións deste tipo: xa o fixera na campaña das eleccións xerais de 2023 e, previamente, contra Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta. Na imaxe [© PP], Feijóo e Aznar o pasado abril en València.
- HEMEROTECA (XULLO 2023) | Feijóo alimenta as teorías da fraude no voto por correo na fin do prazo para solicitalo
- HEMEROTECA (NOVEMBRO 2019) | Unha década de 'campaña sucia': dos carteis sen siglas contra o bipartito á desmobilización vía Facebook
Sánchez pacta coa OTAN gastar un 2,1% do PIB en defensa e non o 5%: "Nin máis nin menos". O Goberno de España logra que a OTAN lle dea flexibilidade abonda para non ter que subir o gasto militar á porcentaxe prevista.
O parlamento iraniano pide o peche do estreito de Ormuz, por onde pasa o 20% do petróleo mundial dende Irán, Kuwait, Arabia Saudita e os Emiratos. A decisión debe ser ratificada polo Consello Supremo de Seguridade Nacional, entre outros órganos.
Falece unha muller tras ser atropelada por un tren na Coruña. Resultou ferida tras caer ás vías na zona de Casabranca e morreu horas despois no hospital tras ser alcanzada por un tren de viaxeiros con destino a Monforte.
Os Estados Unidos bombardean Irán. O exército ataca tres instalacións nucleares nas primeiras horas da madrugada, tal e como anunciou o presidente estadounidense, Donald Trump, sobre unha intervención que chega sen a aprobación previa do Congreso nin a aceptación da ONU. Irán advirte de "consecuencias eternas". Foto: © White House
O Goberno de España confirma que iniciará este verán a declaración do Pazo de Meirás e da Illa de San Simón como lugares de memoria democrática. Asociacións memorialísticas amplían as peticións ao cemiterio de San Breixo, en Celanova, ou ao antigo cárcere provincial da Coruña.
A Sala de Goberno do Tribunal Superior secunda a petición de que o novo programa informático para tramitar procedementos xudiciais poida empregarse tamén en galego. Na liña do reclamado pola Irmandade Xurídica Galega e apoiado por máis de 350 profesionais do Dereito, o órgano de goberno da xudicatura galega "lembra" ao Ministerio de Xustiza, que desenvolveu o aplicativo, e á Xunta, responsable de implantalo, que o galego é "lingua oficial e propia" de Galicia. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]