O parlamento iraniano pide o peche do estreito de Ormuz, por onde pasa o 20% do petróleo mundial dende Irán, Kuwait, Arabia Saudita e os Emiratos. A decisión debe ser ratificada polo Consello Supremo de Seguridade Nacional, entre outros órganos.

O parlamento iraniano pide o peche do estreito de Ormuz, por onde pasa o 20% do petróleo mundial dende Irán, Kuwait, Arabia Saudita e os Emiratos. A decisión debe ser ratificada polo Consello Supremo de Seguridade Nacional, entre outros órganos.
Falece unha muller tras ser atropelada por un tren na Coruña. Resultou ferida tras caer ás vías na zona de Casabranca e morreu horas despois no hospital tras ser alcanzada por un tren de viaxeiros con destino a Monforte.
Os Estados Unidos bombardean Irán. O exército ataca tres instalacións nucleares nas primeiras horas da madrugada, tal e como anunciou o presidente estadounidense, Donald Trump, sobre unha intervención que chega sen a aprobación previa do Congreso nin a aceptación da ONU. Irán advirte de "consecuencias eternas". Foto: © White House
O Goberno de España confirma que iniciará este verán a declaración do Pazo de Meirás e da Illa de San Simón como lugares de memoria democrática. Asociacións memorialísticas amplían as peticións ao cemiterio de San Breixo, en Celanova, ou ao antigo cárcere provincial da Coruña.
A Sala de Goberno do Tribunal Superior secunda a petición de que o novo programa informático para tramitar procedementos xudiciais poida empregarse tamén en galego. Na liña do reclamado pola Irmandade Xurídica Galega e apoiado por máis de 350 profesionais do Dereito, o órgano de goberno da xudicatura galega "lembra" ao Ministerio de Xustiza, que desenvolveu o aplicativo, e á Xunta, responsable de implantalo, que o galego é "lingua oficial e propia" de Galicia. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Investigan por un delito de agresión sexual a un sacerdote de Sarria, denunciado por un presunto caso de violencia sexual contra unha menor de idade. A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Sarria interrogou o relixioso na mañá deste venres e prohibiulle aproximarse e comunicarse coa suposta vítima. Non ingresará en prisión provisional porque nin a Fiscalía nin a representación legal da denunciante o solicitaron. [📸 Xulgado en Sarria © Google Maps]
Begoña Caamaño será a homenaxeada polo Día das Letras en 2026. Así o vén de comunicar a Academia.
Veciñanza e profesionais sanitarios de Ribeira concentráronse este xoves diante da Consellería de Sanidade para reclamar a cobertura de todas as prazas de Medicina de Familia no seu centro de saúde. Rexistraron unha nova petición de reunión co conselleiro e advirten de que seguirán manifestándose todos os xoves diante do centro de saúde de Ribeira, como levan facendo xa varios meses. [📸 CC-BY-SA Plataforma en defensa da sanidade pública da comarca do Barbanza]
Os festivos de 2026 xa son oficiais coa súa publicación no DOG. O vindeiro ano San Xoán será festivo e os outros dous días designados pola Xunta serán o 19 de marzo e o 25 de xullo. Outros dous festivos son fixados por cada concello.
Felipe VI nomea Luz Casal marquesa de Luz e Paz, título nobiliario de nova creación, con motivo do décimo aniversario da súa proclamación como rei. Ademais, Rafa Nadal convértese en marqués de Llevant de Mallorca e Cristina García Rodero en marquesa do Val de Alcúdia. Tamén reciben marquesados o bioquímico Carlos López Otín, a nadadora Teresa Fernández Perales e Jaime Alfonsín Alonso, ex-xefe da Casa Real.