O voceiro do PP insta a Pedro Sánchez e o seu gabinete a "saír coas mans e alto" do Goberno de España tras o aval do Constitucional á Lei de Amnistía. O que fora secretario xeral do PPdeG e actual xefe do grupo parlamentario dos conservadores no Congreso, Miguel Tellado, deputado pola Coruña, dá por "sometido" o Estado de Dereito a causa dun "Goberno corrupto nacido dun pacto corrupto".
