Mobilización para a "reconquista" da illa de Toralla "por terra e por mar". Asociacións veciñais e ecoloxistas arribaron por terra e mar este sábado á illa de Toralla, no litoral vigués, para reclamar a "entrada libre" á illa e a realización da senda peonil litoral "que garantice o acceso á costa" de toda a cidadanía. Os manifestantes solicitan "máis implicación" do Concello de Vigo e esixen á Xunta e ao Goberno de España que "fagan cumprir a lei". [📸 Ecoloxistas en Acción]
