Falece José Antonio Redondo, catedrático de Economía Financiera da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, e que foi conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia. O lucense era académico numerario da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España e académico numerario da Sección de Ciencias Económicas e Sociais da Real Academia Galega de Ciencias. [📸 RAGC]
