O xuíz envía a prisión provisional sen fianza a Santos Cerdán, ex-secretario de organización do PSOE, tras tomarlle declaración. Faino atendendo a petición da Fiscalía, que observou riscos de fuga e destrución de probas para o tamén ex-deputado, investigado por delitos de suborno, organización criminal e tráfico de influencias. Nunha primeira reacción tras coñecer a noticia, Pedro Sánchez subliña que Cerdán foi "afastado do PSOE", que actuou "de maneira contundente" contra el e que agora "é o momento da Xustiza". [Imaxe: © PSOE]
- Investigado por corrupción, o 'número 3' do PSOE dimite e súmase ás frontes xudiciais que asedian a Sánchez
- Sánchez pide perdón polos "indicios moi graves" de corrupción e "eleccións non vai haber ata 2027"
- A Garda Civil sinala un contrato do tren Monforte-Lugo entre os indicios de corrupción do asesor de Ábalos
