Feijóo promete unha "lei de linguas" para "garantir a educación en español". É un dos aspectos do decálogo para "reparar España" que, ao xeito do "contrato con Galicia", o PP vén de lanzar tras o seu congreso para resumir diversas promesas que, asegura, aplicaría no caso de chegar ao Goberno. A anterior ocasión en que o PP prometeu unha "lei de linguas", aínda con Pablo Casado á fronte a iniciativa, a iniciativa incluía o dereito á ignorancia do galego, éuscaro e catalán ao funcionariado ou recortar o rango legal dos idiomas oficiais diferentes do castelán. Na imaxe, Feijóo, Tellado e outros dirixentes do PP, no comité de dirección da formación, este luns [© PP]
- HEMEROTECA (2019) | O PP promete garantir o dereito á ignorancia do galego ao funcionariado se goberna tras as xerais
- HEMEROTECA (2019) | O PP mantén no programa para o 10N o recorte ao rango legal das linguas oficiais diferentes do castelán
- HEMEROTECA (2023) | Feijóo tamén recicla o 'Contrato con Galicia' e volve cuestionar o sistema electoral dos concellos
