O Consello da Xunta aproba a Medalla de Galicia para a princesa Leonor pola súa "presenza" en territorio galego e o "cariño sincero que a maioría dos galegos" lle ten, defende o Goberno, que tamén liga o galardón ao "seu compromiso institucional e á súa implicación coa identidade de Galicia". Para facela cadrar coa presenza da herdeira ao trono en Galicia, Rueda confirma que lla imporá o 14 de xullo, "dous días antes da entrega de despachos" da Escola Naval de Marín, mentres que "o resto de Medallas de Galicia anunciaranse e aprobaranse nas vindeiras datas e serán entregadas, como é habitual, nun acto o vindeiro 24 de xullo". Na imaxe, Rueda coa princesa na Escola Naval de Marín o pasado 2024 [CC-BY-SA Xunta]
