"Acordos con Vox, si". Tellado evidencia da disposición a pactar políticas coa extrema dereita a cambio dunha eventual investidura de Feijóo como presidente do Goberno de España se as dereitas sumasen maioría cando se celebren eleccións xerais. O agora secretario xeral do PP mantén, en declaracións a Onda Cero, que ese Executivo sería "monocolor" pero resalta que iso non implica "cordón sanitario" a Vox, que "merece un respecto", afirma tras prometer este partido unha deportación masiva de poboación en función de se ten orixe migrante. [Imaxe: © PP]
