A xornalista Lara Graña gaña o quinto Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais', organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, pola reportaxe de investigación "García del Cid", el buque de luto y cólera, publicada en Faro de Vigo. O xurado destaca que se trata dun exemplo de "xornalismo vivo e útil para a sociedade". A mención de honra recaeu en Ángel Paniagua polo seu traballo La vida tras el suicidio de una hija: "Esto le puede pasar a cualquiera", publicado en La Voz de Galicia. [📸 Lara Graña CC-BY-SA Praza Pública/Cedida]
🗞️ HEMEROTECA | Lara Graña: "En Galicia o poder estaba nun empresariado que era como unha estirpe. O silencio político con Pescanova non tiña explicación"
