Os alcaldes do Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, tamén recibirán a Medalla de Ouro de Galicia este ano. O Consello da Xunta aprobou este martes os dous galardóns que suma ao entregado á princesa Leonor e que entregará o vindeiro día 24, un ano máis fóra do Día Nacional de Galicia. A distinción chega despois de que, o pasado xuño, a Cámara Municipal do Porto entregase a Rueda a distinción honorífica das chaves da cidade -na imaxe-.
- CRÓNICA | Bos e xenerosos que xa non terán a Medalla de Galicia
- HEMEROTECA | A gran simulación
