O Goberno de Francia conxelará pensións, eliminará festivos e recortará o gasto social e sanitario para conter a débeda pública. Anuncia un axuste orzamentario de case 44.000 millóns de euros para 2026. Foto: CC BY Jacques Paquier
O Goberno de Francia conxelará pensións, eliminará festivos e recortará o gasto social e sanitario para conter a débeda pública. Anuncia un axuste orzamentario de case 44.000 millóns de euros para 2026. Foto: CC BY Jacques Paquier
O Supremo arquiva a petición do xuíz Peinado de investigar o ministro Bolaños. O tribunal advirte da "absoluta ausencia de cualquera indicio minimamente fundado" sobre la particupación de Bolaños nos delitos que lle atribúe.
A Fiscalía abre dilixencias contra o galego José Ángel Antelo, líder de Vox en Murcia, por delitos de odio. Investigará se existen indicios de delito polas súas declaracións tras os altercados en Torre Pacheco.
A vindeira edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarase en Santiago en 2026. O concello compostelán acolleu este martes o traspaso simbólico da bandeira por parte do goberno municipal de Vila Nova de Famalicão, que organizou xunto a Braga en 2024 a anterior edición desta cita, na que participaron uns 2.000 mozos e mozas de Galicia e Portugal nas diversas modalidades deportivas. Non se celebran en Galicia dende 2017, cando os acolleu Lugo.
O patrón maior de Portonovo, sorprendido con 118 quilos de polbo ilegal. Gardacostas da Xunta interceptaron a Martín Domínguez no porto de Sanxenxo con case 120 quilos de cefalópodo capturado en augas da ría de Pontevedra ilegalmente. Cóntao Diario de Pontevedra.
Os alcaldes do Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio, tamén recibirán a Medalla de Ouro de Galicia este ano. O Consello da Xunta aprobou este martes os dous galardóns que suma ao entregado á princesa Leonor e que entregará o vindeiro día 24, un ano máis fóra do Día Nacional de Galicia. A distinción chega despois de que, o pasado xuño, a Cámara Municipal do Porto entregase a Rueda a distinción honorífica das chaves da cidade -na imaxe-.
Pedro Sánchez e Yolanda Díaz acordan impulsar a lei para un embargo de armas a Israel. Será a través dunha proposición de lei que permitirá incorporar a figura do embargo á lei española.
A Xunta entrega a Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor. O presidente asegura na cerimonia que a presenza da herdeira do trono de España é para "a gran maioría de galegos e galegas un privilexio e un acontecemento excepcional" e sinala que, coa concesión do máximo galardón do Goberno galego, pretende trasladarlle a "adhesión e lealdade sincera de Galicia, por suposto á súa persoa e por suposto á Coroa de España". A Xunta decidiu celebrar a entrega nesta data por cadrar co remate da formación militar de Leonor de Borbón na escola naval de Marín, Concello que este luns a nomea "filla adoptiva". [Imaxe: David Cabezón / Xunta]
Atropelado o alcalde de Sanxenxo por un condutor baixo os efectos do alcol. Os feitos, indica o Concello, producíronse cando Telmo Martín (PP) acompañaba a Policía Local nunha rolda de supervisión de pubs e discotecas da localidade. Como consecuencia do atropelo sufriu unha fisura nunha perna.
Trump anuncia agora aranceis do 30% ás importacións dende a Unión Europea aos EUA dende o 1 de agosto. A UE asegura estar disposta a chegar a un acordo antes desa data pero, matiza a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, "daremos os pasos necesarios para salvagardar os intereses da UE, incluíndo a adopción de contramedidas proporcionais, se fose preciso". Na imaxe, o presidente estadounidense escenificando a imposición de aranceis, o pasado abril` © Casa Branca]