Malraio, De Vacas, Agoraphobia, Miss Bolivia ou Kumbia Queers, no programa Atardecer no Gaiás que a Cidade da Cultura presentou este martes xunto ao resto da súa programación de verán.

Malraio, De Vacas, Agoraphobia, Miss Bolivia ou Kumbia Queers, no programa Atardecer no Gaiás que a Cidade da Cultura presentou este martes xunto ao resto da súa programación de verán.
Persoal de Alcoa péchase na Delegación do Goberno central en Galicia, na Coruña, "ata que o Ministerio de Industria cumpra os seus compromisos" como "valedor dos investimentos" nas factorías e dea "garantías para o mantemento do emprego". "Están a desentenderse das súas obrigas", afirman na xornada en que o Ministerio de Industria expón as ofertas de compra aos gobernos de Galicia e Asturias.
O Ministerio de Industria expón hoxe aos gobernos galego e asturiano a oferta do fondo suízo Parter para mercar as factorías de Alcoa na Coruña e Avilés, que o persoal xa coñece. Mentres, os traballadores de Alcoa e o resto de industrias electrointensivas reclaman un marco eléctrico que asegure o seu futuro.
76 membros e ex-membros do Parlamento Europeo, entre eles Ana Miranda (BNG), acusan as autoridades españolas de "vulnerar os dereitos fundamentais" de Junqueras, Puigdemont e Comín por non lles permitir completar a súa acreditación como eurodeputados electos.
Suspendidos cautelarmente de militancia os edís do BNG en Catoira que chegaron ao goberno o pasado sábado co apoio do PP. "Non imos avalar a situación deste concello nin ningún acordo tácito ou explícito co Partido Popular", advertiu en rolda de prensa Ana Pontón.
Boris Johnson, ex-ministro e candidato a liderar os Conservadores británicos, láiase de que a conexión a internet sexa máis rápida en "vilas remotas de Galicia" [Galician pueblos, no texto orixinal] que nalgunhas cidades do Reino Unido. Faino nun artigo publicado en The Telegraph que el mesmo vén de divulgar nas súas redes sociais. Os datos máis recentes non concordan coa súa afirmación.
Dimite Álvaro Santos como secretario provincial do PSdeG en Lugo. O tamén edil no goberno da capital lucense abandona o cargo orgánico en vésperas da elección da representación do partido na Deputación e por extensión, da candidatura á presidencia, sobre a que a dirección provincial discrepa da Executiva Nacional do PSdeG, como o propio Santos vén de admitir en rolda de prensa. Máis información, hoxe en Praza.gal
VÍDEO | Samba Sebor, o youtuber da Agra do Orzán que fai vídeos sobre a comunidade senegalesa da Coruña e cuestiona á veciñanza sobre o racismo. Unha reportaxe de Vinte
O número de Estados con permiso de paternidade aumenta case un 40% en nove anos. Unha información de eldiario.es
A Garda Civil detén varias persoas acusadas de estaren ligadas a sabotaxes violentas en sedes de institucións públicas, partidos e empresas atribuídas a 'Resistencia Galega', entre elas dúas fuxidas dende 2006. Segundo transcendeu, o operativo foi denominado como 'Operación Lusista'.