A Xunta activou para este luns a alerta laranxa por neve na montaña de Lugo e Ourense. A alerta comezará a primeiras horas da mañá. Agárdanse acumulacións de ata 20 centímetros de neve por riba dos 1.000 metros. Ademais, mantense a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral, con ondas de 5 a 6 metros
Fálase
O Cumio do Clima pecha un acordo que se limita a "instar" a que o ano que vén aparezan novas medidas para reducir as emisións de CO2. As organizacións ecoloxistas critican o escaso resultado da COP25, incapaz de aprobar a regulamentación dos mercados internacionais de emisións de gases de efecto invernadoiro
Morre aos 79 anos a actriz Anna Karina, icona da Nouvelle Vague e protagonista de filmes como Bande à part, Pierrot le fou ou Vivre sa vie
Os traballadores de Alcoa manifestáronse en Lugo en demanda "dun marco enerxético estable" que garanta el futuro da planta de San Cibrao.
O Concello da Coruña iniciará no primeiro trimestre do 2020 os trámites para constituír un operador municipal de enerxía a través de Emalcsa. Esta medida forma parte dos acordos entre PSdeG-PSOE e Marea Atlántica para o Goberno da cidade e únese a outras, como a gratuidade das escolas de 0 a 3 anos. O operador enerxético público vai na liña do que xa funciona en Barcelona, do que falamos nesta entrevista con Lluís Basteiro, un dos seus impulsores.
40 concentracións en cidades e vilas galegas, convocadas por Vía Galega, reclamaron políticas para frear a emigración baixo o lema “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno”
O Consello de Ministros aproba un decreto co que aclarar canto debe compensar a Audasa pola gratuidade das peaxes do Morrazo e a A Barcala, que cifra para este ano en 7 millóns de euros. Ata 2017 a cifra era o dobre, asumida a medias coa Xunta, pero o Goberno central considerou que a concesionaria levaba unha década obtendo un “enriquecemento inxusto” e modificou a fórmula de cálculo, fronte a proposta de Audasa de restablecer a peaxe. Agora Fomento vese obrigado a elaborar este decreto interpretativo porque, di, “desde 2006 ata a data producíronse diversas modificacións do contrato que aconsellaban clarificar a forma de cálculo da compensación”.
A Mesa do Congreso rexeita crear os dous grupos propostos a partir do Grupo Mixto, seguindo o ditame en contra dos letrados da Cámara, e dá unha semana máis de prazo para a súa constitución. Un deles era o Grupo Múltiple, formado por Más País, JxCat, Compromís e BNG.
Boris Johnson obtén unha maioría absoluta esmagadora nas eleccións do Reino Unido, con 363 escanos, case 40 por riba da maioría absoluta. A vitoria conservadora facilita o camiño para o Brexit. En Escocia o SNP obtén 48 dos 59 escanos, e albíscase a opción dun segundo referendo independentista.
Máis dun milleiro de docentes manifestáronse en Santiago pola recuperación do horario lectivo nunha xornada de folga que tivo un seguimento do 60% segundo os sindicatos.