Cecilia F. Santomé (Vilalba, 1984) gaña o Premio de Novela Blanco-Amor coa obra Boundaries Road SW12 8HD, que narra a historia de Cilla, unha tradutora galega de 30 anos emigrada en Londres que aluga unha habitación na casa dunha parella acomodada. O galardón da 44ª edición do certame será entregado o vindeiro 5 de decembro nunha gala literaria no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.