As vítimas do terremoto en Marrocos superan xa as 2.000. Máis de dous milleiros están tamén feridas, das que unhas 1.400 atópanse en estado crítico tras o sismo de magnitude 7 na escala Richter. Foto: Moroccan Red Crescent Society
Fálase
Falece o lingüísta e escritor galego-británico Carlos Durão, figura do movemento galeguista en Europa, tradutor na BBC, promotor nos anos 80 da Associaçom Galega da Lingua (AGAL) e membro da Academia Galega da Língua Portuguesa.
Case 6.000 raios rexistráronse en Galicia na pasada noite, marcada polas tormentas en boa parte do país. Toda Galicia estará este sábado en aviso amarelo de novo por fortes tormentas desde o mediodía. Imaxe: CC-BY-SA Blitzortung.
Máis de 600 mortos tras un terremoto de magnitude 6,9 en Marrocos. O tremor sentiuse desde Marrakech ata Rabat de maneira "violenta".
A Fiscalía querélase contra Luis Rubiales por agresión sexual e coaccións polo bico a Jenni Hermoso. Solicita que recolla información das autoridades australianas sobre a tipificación dos delitos contra a liberdade sexual.
Falece Dorothé Schubarth, musicóloga suíza que percorreu Galicia para gravar cantares populares e publicalos no histórico Cancioneiro Popular Galego, "obra clave para entender o noso patrimonio musical", como destaca o Museo do Pobo Galego. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Galicia empezará o primeiro de outubro a inmunizar a poboación infantil fronte ao rotavirus. O Consello da Xunta deu o visto e prace ao novo calendario de inmunización.
A Xunta aproba o decreto polo que se modifican as normas de habitabilidade para facilitar que baixos comerciais e entrecháns abandonados ou sen actividade, e localizados en contornas urbanas, poidan reconverterse en vivendas. Tras o visto e prace do Consello da Xunta, e unha vez saia publicado no DOG, serán os concellos quen axusten os requisitos a cada municipio. [Na imaxe, o presidente do Goberno galego coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda CC-BY-SA Xunta]
Nueva Pescanova presenta un ERE para un cento de traballadores. A multinacional xustifica o expediente de regulación de emprego, que afectará o cadro de persoal de servizos centrais de Chapela e Madrid, por “causas económicas e organizativas” e “para asegurar a sostibilidade da empresa a longo prazo”, segundo informa nun comunicado.
- HEMEROTECA | Dez anos da quebra de Pescanova: a empresa en mans canadenses e o ex-presidente camiño do cárcere
- HEMEROTECA | O Supremo reduce de 8 a 6 os anos de cadea para Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova
Jenni Hermoso declara ante a Fiscalía e formaliza a súa denuncia polo bico non consentido de Rubiales. A futbolista presentou a "denuncia expresa" este martes 5 de setembro e a Fiscalía da Audiencia Nacional anunciou que presentará a querela axiña.