A Xunta aproba o decreto polo que se modifican as normas de habitabilidade para facilitar que baixos comerciais e entrecháns abandonados ou sen actividade, e localizados en contornas urbanas, poidan reconverterse en vivendas. Tras o visto e prace do Consello da Xunta, e unha vez saia publicado no DOG, serán os concellos quen axusten os requisitos a cada municipio. [Na imaxe, o presidente do Goberno galego coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda CC-BY-SA Xunta]
Fálase
Nueva Pescanova presenta un ERE para un cento de traballadores. A multinacional xustifica o expediente de regulación de emprego, que afectará o cadro de persoal de servizos centrais de Chapela e Madrid, por “causas económicas e organizativas” e “para asegurar a sostibilidade da empresa a longo prazo”, segundo informa nun comunicado.
- HEMEROTECA | Dez anos da quebra de Pescanova: a empresa en mans canadenses e o ex-presidente camiño do cárcere
- HEMEROTECA | O Supremo reduce de 8 a 6 os anos de cadea para Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova
Jenni Hermoso declara ante a Fiscalía e formaliza a súa denuncia polo bico non consentido de Rubiales. A futbolista presentou a "denuncia expresa" este martes 5 de setembro e a Fiscalía da Audiencia Nacional anunciou que presentará a querela axiña.
Tanxugueiras alíase con Ruth Lorenzo no tema Reina, cunha mensaxe feminista e en galego. As galegas colaboran no novo tema da artista para "enviar unha mensaxe de sororidade".
Activistas de Ecoloxistas en Acción levan auga das minas de San Finx e Touro á Cámara Mineira e ofrécenllela aos representantes do organismo. A entidade denuncia a contaminación das augas por mor da actividade mineira e censura que a Cámara Mineira asegurase que son inocuas para a saúde humana e o ecosistema.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, renuncia ao escano de senador. O tamén alcalde de Pereiro de Aguiar substituíu a Baltar no ente provincial e manifesta que non estará no Senado para centrarse no traballo local e provincial. No seu lugar, regresa á Cámara alta Francisco José Fernández.
Jorge Vilda é destituído como seleccionador feminino. A Real Federación Española de Fútbol comunicoulle este martes o seu cese tras varios días de negociacións. Montse Tomé é a nova seleccionadora de fútbol feminino. O presidente interino da RFEF, Pedro Rocha, emite un comunicado recoñecendo que "o dano causado" ao fútbol é "enorme" no que informa de que a institución está a colaborar nas investigacións do Goberno de España e do Tribunal Administrativo do Deporte. Rocha desvincula á RFEF das accións e actitudes de Luís Rubiales e incide: "Sentímonos especialmente apenados e avergoñados pola dor e a angustia adicionais que isto ten causado". [Imaxe: @SEFutbolFem]
Puigdemont propón a Sánchez un "acordo histórico" que inclúa o "abandono completo da vía xudicial contra o independentismo". O líder de Junts pon catro condicións antes de sentar a negociar a investidura.
O galego Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023. O Ministerio de Cultura e Deporte recoñece o compositor vigués "polo unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral". O guitarrista Juan Manuel Cañizares foi o outro galardoado. Foto: CC-BY-SA Musicology Spain.
A Comunidade de Montes de Tameiga presenta máis de 4.000 alegacións na Xunta "contra a declaración de Interese Autonómico ao proxecto do presidente do Celta para construír un centro comercial e de ocio nos montes comunais de Mos". Xunto a representantes de PSdeG e BNG, asociacións como Ecoloxistas en Acción e veciñanza de Mos, o portavoz da Comunidade de Montes rexistrou na delegación do Goberno galego en Vigo estas peticións contrarias á "reclasificación de terreos clasificados como 'solo rústico' polo vixente PXOM de Mos". [Imaxe: Ecoloxistas en Acción]
- A fragmentación por fases da súa cidade deportiva permite ao Celta eludir unha avaliación ambiental completa
- HEMEROTECA | A xustiza fai firme que a cidade deportiva do Celta comezou de xeito ilegal
- HEMEROTECA | O Celta pide unha avaliación de impacto rápida da ampliación da súa cidade deportiva e prevé unha década para rematala