Puigdemont propón a Sánchez un "acordo histórico" que inclúa o "abandono completo da vía xudicial contra o independentismo". O líder de Junts pon catro condicións antes de sentar a negociar a investidura.
Fálase
O galego Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023. O Ministerio de Cultura e Deporte recoñece o compositor vigués "polo unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral". O guitarrista Juan Manuel Cañizares foi o outro galardoado. Foto: CC-BY-SA Musicology Spain.
A Comunidade de Montes de Tameiga presenta máis de 4.000 alegacións na Xunta "contra a declaración de Interese Autonómico ao proxecto do presidente do Celta para construír un centro comercial e de ocio nos montes comunais de Mos". Xunto a representantes de PSdeG e BNG, asociacións como Ecoloxistas en Acción e veciñanza de Mos, o portavoz da Comunidade de Montes rexistrou na delegación do Goberno galego en Vigo estas peticións contrarias á "reclasificación de terreos clasificados como 'solo rústico' polo vixente PXOM de Mos". [Imaxe: Ecoloxistas en Acción]
- A fragmentación por fases da súa cidade deportiva permite ao Celta eludir unha avaliación ambiental completa
- HEMEROTECA | A xustiza fai firme que a cidade deportiva do Celta comezou de xeito ilegal
- HEMEROTECA | O Celta pide unha avaliación de impacto rápida da ampliación da súa cidade deportiva e prevé unha década para rematala
O paro rexistrado aumenta en Galicia un 0,2% no mes de agosto. A nivel estatal, a cifra total de parados é de 2.702.700, a máis baixa nun mes de agosto desde 2008, segundo destaca o Ministerio de Traballo.
Dende as 8 da mañá deste luns queda cortado o tráfico na autovía A-55 á altura de Tui, en dirección a Portugal. O Ministerio de Transportes sinala que o tráfico será desviado polo sentido oposto (en dirección a Vigo), habilitándose dous carrís cun dobre sentido de circulación. Está previsto que as obras de saneamento na zona se prolonguen ata finais de setembro.
Alberto Pazos Couñago é o novo portavoz do PP no Parlamento, tras a marcha de Pedro Puy ao Congreso. O deputado por Pontevedra ten as condicións para execer o cargo coa "ambición e a visión de conxunto que require", segundo salientan desde o seu grupo parlamentario.
As tres universidades públicas galegas estudarán a realidade da conciliación e a corresponsabilidade no país. A Mesa de Coidados do Consello Galego das Mulleres promove este proxecto, que conta co apoio da Xunta, para obter coñecemento científico e especializado nesta materia.
A Universidade de Santiago abordará a temática da corresponsabilidade desde o punto de vista da saúde mental das persoas coidadoras. Na Universidade de Vigo a investigación versará sobre o ámbito normativo no eido dos coidados e na implantación de actuacións favorables por empresas e institucións. E a Universidade da Coruña encargarase de analizar o aspecto sociolóxico desta realidade. [Imaxe © Ana Varela/Xunta]
- REPORTAXE | Conciliar no verán: "Para calquera persoa cun menor de 12 anos isto é un calvario"
- HEMEROTECA | A Xunta volve negarse a negociar a conciliación dun traballador e o TSXG volve condenala, agora con 6.000 euros de indemnización
- HEMEROTECA | A CRTVG discriminou unha traballadora por denegarlle o dereito a conciliar e o Supremo confirma que terá que indemnizala
- HEMEROTECA | Malabares laborais nun mundo "adultocéntrico": "A conciliación é unha gran mentira"
Máis de 500 raios detectados este sábado en toda Galicia. A medición de Meteogalicia ata as 16.00 horas indica un total de 538. Os raios van acompañados de chuvascos treboentos que continuarán nas vindeiras horas, con maior probabilidade no sur e leste do país. A previsión é semellante para o domingo, no que seguirá activada a alerta de nivel amarelo por vento do nordés con forza 7 no noroeste da Coruña.
O Goberno de España non poderá suspender de forma inmediata a Luis Rubiales como presidente da federación estatal de fútbol. O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) abre un expediente sancionador a Rubiales por falta "grave", que só permite a súa inhabilitación durante dous anos, e non de "moi grave" como reclamaba o Executivo. O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, incide en que o sucedido merece a cualificación de "moi grave", por iso desde o Goberno reclamarán agora ao TAD que "proceda a suspendelo temporalmente nas súas funcións" como llo permite a lei do deporte. [Imaxe © RFEF]
O presidente da Xunta di que traslada a Feijóo "a urxencia" de que o futuro Goberno de España "materialice os compromisos pendentes" con Galicia "que o actual foi incapaz de cumprir". Cita cuestións de infraestruturas como "os acordos da AP-9", a conexión ferroviaria con Lugo e Ferrol ou os trens Avril , medidas para poder formar máis médicos e mais a transferencia da xestión do litoral, entre outras. "A maioría dos galegos non son nacionalistas nin independentistas nin necesitan selo para que a nosa terra avance", asevera Rueda, que recibe os parabéns do candidato do PP á investidura como presidente do Estado. [Imaxe de arquivo CC-BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | Do tren á policía: a Xunta redobra as esixencias ao Estado sobre competencias que renunciou a ter
- HEMEROTECA | Feijóo xa é o primeiro presidente da historia da Xunta en deixar o cargo sen sumar competencias
- HEMEROTECA | O 20% das prazas de formación para medicina familiar quedan sen cubrir no Sergas, que culpa o Estado
- HEMEROTECA | O "non" do Estado ás competencias do litoral axita o veto do PP á reforma do Estatuto tras 13 anos de autogoberno freado