Máis de 500 raios detectados este sábado en toda Galicia. A medición de Meteogalicia ata as 16.00 horas indica un total de 538. Os raios van acompañados de chuvascos treboentos que continuarán nas vindeiras horas, con maior probabilidade no sur e leste do país. A previsión é semellante para o domingo, no que seguirá activada a alerta de nivel amarelo por vento do nordés con forza 7 no noroeste da Coruña.
