O Goberno de España comunica ás comunidades autónomas que apraza un ano a reforma das probas de acceso á universidade. Non haberá mudanzas nos exames de 2024. [Imaxe: UVigo]
Fálase
Extinguido o incendio na Mezquita que afectou unhas 87 hectáreas, o que o fai o segundo máis extenso do mes tras o declarado hai dez días en Palas de Rei, que queimou 126 hectáreas. No que vai de ano, segundo os datos limitados facilitados pola Xunta, arderon en Galicia algo máis de 2.500 hectáreas, o mesmo que en todo 2018, o mellor dos últimos anos da serie histórica. [Imaxe: Concello de A Mezquita]
A primeira moción de censura tras as municipais dá a Xuntos por O Irixo a alcaldía da vila que ocupou durante dous meses en minoría o PP, con 4 dos 9 concelleiros da corporación. Xuntos, con 3 edís, e PSdeG, con 2, repartiranse a alcaldía ao longo do mandato. Susana Iglesias é así a primeira alcaldesa do concello. [Imaxe: Concello de O Irixo]
Tanxugueiras pechará a xira de Diluvio no Coliseum da Coruña. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro actuarán o sábado 16 de decembro acompañadas por Rozalén, Guadi Galego, Rayden, Muerdo, Valeria Castro e Mondra, que abrirá a cita. "Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data", salientaron as artistas na presentación do concerto xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este martes. As entradas saen á venda este venres no sitio web do grupo. [Foto CC-BY-SA Concello da Coruña]
Feijóo e Sánchez reúnense este mércores no Congreso. O popular pedirá ao socialista que o deixe gobernar e o segundo faralle ver que non conta cos apoios necesarios.
Colectivos feministas galegos convocan concentracións en apoio á futbolista Jennifer Hermoso ás oito deste serán en diferentes vilas e cidades. Na imaxe, as mobilizacións actualizadas a esta hora.
O Ministerio de Transportes asina o contrato de obras da remodelación do denominado nó dos bombeiros, o acceso norte á cidade de Pontevedra desde a AP-9, que enlaza tamén a estrada a Vilagarcía. A actuación suporá un investimento de 9,5 millóns de euros. [Imaxe: POL-Xunta CC-BY-NC-SA]
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂
Luis Rubiales, presidente da Federación Española de Fútbol, rexeita dimitir tras os seus comportamentos machistas e preséntase como unha vítima. O máximo dirixente do fútbol español carga contra a "gran lacra do falso feminismo" e só considera equivocado tocarse os testículos no palco da final do mundial. [Imaxe: RFEF]
Tere Abelleira recibiu este xoves varias homenaxes en Pontevedra tras gañar a Copa do Mundo de fútbol. A futbolista foi recibida polo Concello e a federación galega. [Imaxe: Futgal]