Feijóo e Sánchez reúnense este mércores no Congreso. O popular pedirá ao socialista que o deixe gobernar e o segundo faralle ver que non conta cos apoios necesarios.
Fálase
Colectivos feministas galegos convocan concentracións en apoio á futbolista Jennifer Hermoso ás oito deste serán en diferentes vilas e cidades. Na imaxe, as mobilizacións actualizadas a esta hora.
O Ministerio de Transportes asina o contrato de obras da remodelación do denominado nó dos bombeiros, o acceso norte á cidade de Pontevedra desde a AP-9, que enlaza tamén a estrada a Vilagarcía. A actuación suporá un investimento de 9,5 millóns de euros. [Imaxe: POL-Xunta CC-BY-NC-SA]
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂
Luis Rubiales, presidente da Federación Española de Fútbol, rexeita dimitir tras os seus comportamentos machistas e preséntase como unha vítima. O máximo dirixente do fútbol español carga contra a "gran lacra do falso feminismo" e só considera equivocado tocarse os testículos no palco da final do mundial. [Imaxe: RFEF]
Tere Abelleira recibiu este xoves varias homenaxes en Pontevedra tras gañar a Copa do Mundo de fútbol. A futbolista foi recibida polo Concello e a federación galega. [Imaxe: Futgal]
A circulación dos trens á altura de Vilarmartín de Valdeorras permanece cortada polo accidente dun tren de mercadorías que levaba material perigoso. Segundo informa Adif a Europa Press, prevé recuperar a circulación no tramo Ponferrada-Monforte de Lemos entre Vilamartín de Valdeorras e A Rúa-Petín na mañá deste venres. Mentres tanto, as viaxes que pasan por este punto realízanse en parte por autobús para salvar o tramo das vías afectado, do que xa foron retirados os vagóns. [Imaxe das vías do tren en Monforte CC-BY-SA Praza Pública]
Unha placa lembra desde este mércores o lugar no que naceu o Celta, na agora biblioteca Juan Compañel, coa fusión hai cen anos do Sporting Club e o Fortuna. Ao malestar de parte da afección polos actos organizados polo centenario engádense agora críticas por diversas incorreccións lingüísticas.
O descarrilamento dun tren de mercadorías perigosas derrama argón líquido á altura de Vilarmartín de Valdeorras e fai que a Xunta active o plan de Protección Civil para este tipo de accidentes. "Os medios e recursos da zona fan fronte á situación, con ferramentas para a contención e control do derrame sen riscos", segundo informa o Goberno galego. Adif traslada que permanece interrompida a circulación de trens no tramo Ponferrada-Monforte de Lemos entre Vilamartín de Valdeorras e A Rúa-Petín. Tanto Protección Civil como os bombeiros e o GES de Valdeorras participan na retirada deste material que se emprega na fabricación de metais. [Na imaxe, trens de mercadorías na estacion de Monforte Dominio Público Google Street View]
A Xunta reforza a vixilancia polo mosquito tigre nos concellos de Vigo, Cangas e Moaña e amplíaa aos de Bueu e Vilaboa. O comité técnico creado tras a confirmación da presenza destes insectos no país decidiu convocar os técnicos dos municipios implicados a unha formación específica na Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, na que participarán expertos en sanidade ambiental, epidemioloxía e entomoloxía o vindeiro xoves 31 de agosto. [Imaxe incluída no proxecto 'Mosquito alert' CC-BY J.L. Ordóñez]