O Celta celebra este mércores o seu centenario, froito da fusión en 1923 do Vigo Sporting e o Fortuna, con dous actos restrinxidos. O club, agora baixo a figura dunha sociedade anónima deportiva controlada polo empresario Carlos Mouriño, lembrará a fusión na biblioteca Juan Compañel, edificio no que se asinou hai cen anos, e na súa nova cidade deportiva en Mos, iniciada de xeito ilegal. O venres o estadio de Balaídos acollerá máis celebracións coincidindo cun partido contra o Real Madrid e o mércores da próxima semana celebrarase un partido de lendas do club. [Imaxe: RC Celta SAD]
