As dúas candorcas avistadas este domingo na ría de Arousa, xa identificadas, non foron nunca observadas interaccionando con barcos. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) informa de que o grupo internacional de investigación da candorca atlántica identificou os exemplares como Gael e Prior, de 10 e 6 anos, e non formarían parte das candorcas denominadas como Gladis, as relacionadas con interaccións con embarcacións. [Imaxe: Pablo Covelo/CEMMA]
Fálase
Lontreira, o trío galego formado por Rotce, Adri Coyote e Iván Barral, está na lista das 100 cancións favoritas para Eurovisión 2024 da enquisa 'La Elección Interna' do colectivo Eurovisión-Spain, a mesma que situou as Tanxugueiras como favoritas para participar no festival europeo. A banda xa está a preparar un tema "por suposto cantado en galego" para presentarse á preselección do Benidorm Fest.
- EN VINTE | Lontreira. Vivir entre dous mundos
A Xunta eleva a laranxa a alerta por altas temperaturas para este martes e mércores no val do Miño, onde haberá máximas de ata 40 graos. O nivel amarelo esténdese por gran parte do resto de Galicia.
Desde este luns e ata o 29 de agosto o servizo ferroviario entre Ourense e Santiago está suspendido e os pasaxeiros serán trasladados en autobús pola activación do sistema de seguridade ERTMS.
Este luns hai aviso amarelo por altas temperaturas no val do Miño e Valdeorras e o martes esténdese a gran parte da provincia de Ourense e o sur de Lugo. [Imaxe: Meteogalicia]
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para lerdes e o luns estamos de volta 🙂
Así soan as Tanxugueiras en catalán. O grupo publica o vídeo de Més fort, a versión de Stronger, de Kelly Clarkson, coa que participaron en La Marató, o programa benéfico de TV3 e Catalunya Ràdio dedicado na súa edición de 2022 a contribuír á loita contra as doenzas cardiovasculares.
Sanidade confirma a detección de dous exemplares de mosquito tigre en Lavadores (Vigo). Foi posible detectalos a través dun aviso mediante a aplicación Mosquito Alert, tal e como sucedera a principios de mes cos achados en Moaña, os primeiros dos que se tivo constancia en Galicia. A Consellería subliña que "ningún dos exemplares identificados en Moaña ou Vigo teñen vinculación con enfermidades transmisibles ás persoas" e engade que no comité técnico que monitoriza a presenza desta especie "a área sanitaria de Vigo confirmou que non houbo un incremento significativo no número de picaduras de insecto tratadas nos centros de saúde da comarca do Morrazo".
Este xoves é o Día da Galiza Mártir, que na data do fusilamento de Alexandre Bóveda en 1936 lembra a todas as persoas represaliadas polo franquismo. A Caeira, en Poio, o lugar onde foi asasinado, acollerá un acto institucional.
- AMPLIAMOS 👉 O Día da Galiza Mártir gaña peso institucional con Bóveda como símbolo da democracia asasinada polos golpistas
- HEMEROTECA | O Día da Galiza Mártir cumpre 80 anos sen oficializar pero cada vez máis "institucionalizado"
- O Estado anula a condena franquista a Plácido Castro e declara oficialmente o seu "recoñecemento e reparación persoal"
Sen tobogáns e agora tamén sen ondas: o parque acuático da Xunta en Ourense inhabilita por fallos o mecanismo da piscina de ondas á semana de abrir o complexo, segundo conta Faro de Vigo. O parque foi prometido por Feijóo nas eleccións galegas de 2016 e abriu aínda agora a medias, sen tobogáns, a súa primeira fase.