Tanxugueiras pechará a xira de Diluvio no Coliseum da Coruña. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro actuarán o sábado 16 de decembro acompañadas por Rozalén, Guadi Galego, Rayden, Muerdo, Valeria Castro e Mondra, que abrirá a cita. "Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data", salientaron as artistas na presentación do concerto xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este martes. As entradas saen á venda este venres no sitio web do grupo. [Foto CC-BY-SA Concello da Coruña]
