Décima edición da 'Inchadiña branca vela' que promove a Casa de Rosalía. Este sábado, 2 de setembro, un total de 34 embarcacións tradicionais de todo o país volverán subir polos ríos Ulla e Sar, dende a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, nunha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro.
Fálase
Manuel Cabezas deixa a súa acta de concelleiro en Ourense. O que fora candidato do Partido Popular no concello ourensán renuncia de "forma voluntaria" e deixa o liderado do partido nas mans dos seus compañeiros ao non poder facer labor de xestión desde a oposición.
- HEMEROTECA | O acordo PP-PSdeG e a promesa de Rueda que romperon os populares para volver pactar con Jácome
- HEMEROTECA | Principia o posbaltarismo trinta e tres anos e medio despois
Rueda anuncia que a Consellería de Medio Ambiente dá o visto bo ambiental ao novo plan de urbanismo de Vigo. O novo paso para a aprobación definitiva do novo PXOM chega oito anos despois de que o Supremo anulase o anterior plan.
- HEMEROTECA (1/12/2015) | O Supremo emenda o TSXG e tomba o plan urbanístico de Vigo
HEMEROTECA | (8/6/2020) | O novo PXOM de Vigo renuncia á Rolda que definía o de 2008, anulado polo Supremo - HEMEROTECA (15/4/2020) | O PXOM de Vigo inicia a avaliación ambiental 12 anos despois de evitala ilegalmente o bipartito
- HEMEROTECA (1/12/2015) | O Supremo emenda o TSXG e tomba o plan urbanístico de Vigo
O Goberno de España comunica ás comunidades autónomas que apraza un ano a reforma das probas de acceso á universidade. Non haberá mudanzas nos exames de 2024. [Imaxe: UVigo]
Extinguido o incendio na Mezquita que afectou unhas 87 hectáreas, o que o fai o segundo máis extenso do mes tras o declarado hai dez días en Palas de Rei, que queimou 126 hectáreas. No que vai de ano, segundo os datos limitados facilitados pola Xunta, arderon en Galicia algo máis de 2.500 hectáreas, o mesmo que en todo 2018, o mellor dos últimos anos da serie histórica. [Imaxe: Concello de A Mezquita]
A primeira moción de censura tras as municipais dá a Xuntos por O Irixo a alcaldía da vila que ocupou durante dous meses en minoría o PP, con 4 dos 9 concelleiros da corporación. Xuntos, con 3 edís, e PSdeG, con 2, repartiranse a alcaldía ao longo do mandato. Susana Iglesias é así a primeira alcaldesa do concello. [Imaxe: Concello de O Irixo]
Tanxugueiras pechará a xira de Diluvio no Coliseum da Coruña. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro actuarán o sábado 16 de decembro acompañadas por Rozalén, Guadi Galego, Rayden, Muerdo, Valeria Castro e Mondra, que abrirá a cita. "Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data", salientaron as artistas na presentación do concerto xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este martes. As entradas saen á venda este venres no sitio web do grupo. [Foto CC-BY-SA Concello da Coruña]
Feijóo e Sánchez reúnense este mércores no Congreso. O popular pedirá ao socialista que o deixe gobernar e o segundo faralle ver que non conta cos apoios necesarios.
Colectivos feministas galegos convocan concentracións en apoio á futbolista Jennifer Hermoso ás oito deste serán en diferentes vilas e cidades. Na imaxe, as mobilizacións actualizadas a esta hora.
O Ministerio de Transportes asina o contrato de obras da remodelación do denominado nó dos bombeiros, o acceso norte á cidade de Pontevedra desde a AP-9, que enlaza tamén a estrada a Vilagarcía. A actuación suporá un investimento de 9,5 millóns de euros. [Imaxe: POL-Xunta CC-BY-NC-SA]