O Goberno de España non poderá suspender de forma inmediata a Luis Rubiales como presidente da federación estatal de fútbol. O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) abre un expediente sancionador a Rubiales por falta "grave", que só permite a súa inhabilitación durante dous anos, e non de "moi grave" como reclamaba o Executivo. O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, incide en que o sucedido merece a cualificación de "moi grave", por iso desde o Goberno reclamarán agora ao TAD que "proceda a suspendelo temporalmente nas súas funcións" como llo permite a lei do deporte. [Imaxe © RFEF]
