Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola obra As alumnas (Editorial Galaxia), outorgado polo Ministerio de Cultura. O xurado destaca a obra da galega "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate. Polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República". A dramaturga e narradora oral "propón ao público un texto que homenaxea a todos os mestres e ao modelo de escola laica, libre e dunha pedagoxía avanzada", engade a resolución do xurado.
- HEMEROTECA | Do real á ficción, sen saír da realidade: 'Mulleres que viven soas', un proxecto sonoro e teatral do que non se conta
- HEMEROTECA | 'Facer Memoria': construír a memoria colectiva do país desde as historias que lembra a veciñanza
- ENTREVISTA| Fran Rei: "En 'As alumnas' queremos reflectir o que significou o franquismo para a educación en xeral, pero sobre todo para a das mulleres"
