As tres universidades públicas galegas estudarán a realidade da conciliación e a corresponsabilidade no país. A Mesa de Coidados do Consello Galego das Mulleres promove este proxecto, que conta co apoio da Xunta, para obter coñecemento científico e especializado nesta materia.
A Universidade de Santiago abordará a temática da corresponsabilidade desde o punto de vista da saúde mental das persoas coidadoras. Na Universidade de Vigo a investigación versará sobre o ámbito normativo no eido dos coidados e na implantación de actuacións favorables por empresas e institucións. E a Universidade da Coruña encargarase de analizar o aspecto sociolóxico desta realidade. [Imaxe © Ana Varela/Xunta]
- REPORTAXE | Conciliar no verán: "Para calquera persoa cun menor de 12 anos isto é un calvario"
- HEMEROTECA | A Xunta volve negarse a negociar a conciliación dun traballador e o TSXG volve condenala, agora con 6.000 euros de indemnización
- HEMEROTECA | A CRTVG discriminou unha traballadora por denegarlle o dereito a conciliar e o Supremo confirma que terá que indemnizala
- HEMEROTECA | Malabares laborais nun mundo "adultocéntrico": "A conciliación é unha gran mentira"