Dende as 8 da mañá deste luns queda cortado o tráfico na autovía A-55 á altura de Tui, en dirección a Portugal. O Ministerio de Transportes sinala que o tráfico será desviado polo sentido oposto (en dirección a Vigo), habilitándose dous carrís cun dobre sentido de circulación. Está previsto que as obras de saneamento na zona se prolonguen ata finais de setembro.
