Máis de 600 mortos tras un terremoto de magnitude 6,9 en Marrocos. O tremor sentiuse desde Marrakech ata Rabat de maneira "violenta".
Fálase
A Fiscalía querélase contra Luis Rubiales por agresión sexual e coaccións polo bico a Jenni Hermoso. Solicita que recolla información das autoridades australianas sobre a tipificación dos delitos contra a liberdade sexual.
Falece Dorothé Schubarth, musicóloga suíza que percorreu Galicia para gravar cantares populares e publicalos no histórico Cancioneiro Popular Galego, "obra clave para entender o noso patrimonio musical", como destaca o Museo do Pobo Galego. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Galicia empezará o primeiro de outubro a inmunizar a poboación infantil fronte ao rotavirus. O Consello da Xunta deu o visto e prace ao novo calendario de inmunización.
A Xunta aproba o decreto polo que se modifican as normas de habitabilidade para facilitar que baixos comerciais e entrecháns abandonados ou sen actividade, e localizados en contornas urbanas, poidan reconverterse en vivendas. Tras o visto e prace do Consello da Xunta, e unha vez saia publicado no DOG, serán os concellos quen axusten os requisitos a cada municipio. [Na imaxe, o presidente do Goberno galego coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda CC-BY-SA Xunta]
Nueva Pescanova presenta un ERE para un cento de traballadores. A multinacional xustifica o expediente de regulación de emprego, que afectará o cadro de persoal de servizos centrais de Chapela e Madrid, por “causas económicas e organizativas” e “para asegurar a sostibilidade da empresa a longo prazo”, segundo informa nun comunicado.
- HEMEROTECA | Dez anos da quebra de Pescanova: a empresa en mans canadenses e o ex-presidente camiño do cárcere
- HEMEROTECA | O Supremo reduce de 8 a 6 os anos de cadea para Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova
Jenni Hermoso declara ante a Fiscalía e formaliza a súa denuncia polo bico non consentido de Rubiales. A futbolista presentou a "denuncia expresa" este martes 5 de setembro e a Fiscalía da Audiencia Nacional anunciou que presentará a querela axiña.
Tanxugueiras alíase con Ruth Lorenzo no tema Reina, cunha mensaxe feminista e en galego. As galegas colaboran no novo tema da artista para "enviar unha mensaxe de sororidade".
Activistas de Ecoloxistas en Acción levan auga das minas de San Finx e Touro á Cámara Mineira e ofrécenllela aos representantes do organismo. A entidade denuncia a contaminación das augas por mor da actividade mineira e censura que a Cámara Mineira asegurase que son inocuas para a saúde humana e o ecosistema.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, renuncia ao escano de senador. O tamén alcalde de Pereiro de Aguiar substituíu a Baltar no ente provincial e manifesta que non estará no Senado para centrarse no traballo local e provincial. No seu lugar, regresa á Cámara alta Francisco José Fernández.