Sirât, de Oliver Laxe, candidata a mellor filme estranxeiro e mellor banda sonora nos Globos de Ouro. A cinta do director galego competirá no apartado de mellor película de fala non inglesa c'O axente secreto ou A voz de Hind.
Sirât, de Oliver Laxe, candidata a mellor filme estranxeiro e mellor banda sonora nos Globos de Ouro. A cinta do director galego competirá no apartado de mellor película de fala non inglesa c'O axente secreto ou A voz de Hind.
Unha persoa falecida e seis feridas tras un incendio na súa vivenda en Palas de Rei. O sinistro tivo lugar na Graña (San Xiao do Camiño) por un lume que queimou o soportal da casa e os adornos de Nadal, segundo informa o 112.
Máis dunha ducia de corredores completan a maratón entre Melide e Santiago contra a reapertura da mina de Touro e contra a instalación de Altri en Palas. 14 corredores de montaña percorreron os 51 quilómetros entre as dúas localidades para amosar o rexeitamento a estes dous proxectos, nunha marcha organizada polas plataformas Ulloa Viva e contra a Mina Touro-O Pino, que definen as dúas iniciativas empresariais como "os perigos ambientais máis importantes de Galicia".
Este domingo as plataformas Ulloa Viva e Contra a Mina Touro-O Pino organizan unha maratón entre Melide e Santiago co obxectivo "de amosar a repulsa e a oposición a ambos proxectos". Catorce corredores de montaña federados participarán nun percorrido que partirá ás 7:30 horas e, tras pasar por Arzúa (9.00), O Pino (10:30) e Monte do Gozo (12:30), chegará ás 13:30 horas á Praza do Obradoiro, onde se lerá un manifesto.
A iniciativa fará un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro domingo 14 en Compostela baixo o lema "Altri, non. Fóra xa". Imaxe: Plataforma Ulloa Viva
Os sindicatos cualifican de "maioritario" o seguimento da folga de transporte en autobús na provincia da Coruña. CIG, UGT e CCOO, as centrais convocantes, reclaman un "convenio digno", a redución e limitación da xornada e unha suba salarial con melloras nos permisos e na conciliación. O paro deixou centos de viaxeiros sen bus.
Unha multitudinaria manifestación percorre Vigo pedindo ao Sergas a "reconstrución" da súa área sanitaria e reclamando unha "asistencia sanitaria 100% pública e de calidade". SOS Sanidade Pública convoca a marcha apoiada por ducias de partidos, sindicatos e entidades.
RTVE retírase do Festival de Eurovisión logo de que as votacións celebradas na asemblea da Unión Europea de Radiodifusión (UER) decidisen a permanencia de Israel no certame. Foto: CC-BY Heute.at
Feijóo sobre o escándalo en Ribera Salud, dona de Povisa: "Se algúen pretende aforrar cartos a base de non atender doentes, non só hai unha responsabilidade administrativa". O líder do PP e ex-presidente da Xunta pide "unha auditoría" do hospital madrileño no que se ordenou atender menos doentes. Na imaxe, Feijóo nun acto no novo hospital de Vigo, que non implicou cesar o concerto con Povisa.
Tres ultras do Atlético de Madrid, procesados polo asasinato de Jimmy once anos despois. Un xulgado de Madrid remata a investigación e envía a xuízo cinco investigados, incluíndo dúas persoas máis polas lesións causadas a outro seareiro do Deportivo.
O sindicato de enfermaría Satse desconvoca a folga prevista mañá xoves en atención primaria e os PAC logo de alcanzar un acordo co Sergas. A organización asegura que o pacto "mellor a estabilidade laboral" do colectivo e "avanza na equiparación e dignificación das condicións de traballo".