Máis dunha ducia de corredores completan a maratón entre Melide e Santiago contra a reapertura da mina de Touro e contra a instalación de Altri en Palas. 14 corredores de montaña percorreron os 51 quilómetros entre as dúas localidades para amosar o rexeitamento a estes dous proxectos, nunha marcha organizada polas plataformas Ulloa Viva e contra a Mina Touro-O Pino, que definen as dúas iniciativas empresariais como "os perigos ambientais máis importantes de Galicia".